Ciclo: O tempo ten memoria
Evento xa rematado
-
Data
27 julio, 2022
-
Hora
8:30 pm - 10:00 pm
-
Centro Social do Mar
Rúa de Montero Ríos, 36930 Bueu, Pontevedra
O Colectivo «O mar por diante» e o Concello de Bueu organizan do 27 de xullo ao 24 de agosto un ciclo de conferencias titulado «O tempo ten memoria», que busca precisamente poñer en valor as lembranzas e os recordos da vila mariñeira de Bueu e as súas xentes. Todas as actividades se desenvolverán ás 20.30 horas no Centro Social do Mar.
O programa é o seguinte:
27 de xullo: concerto- música no exilio, a cargo de Hugo Rodríguez e Anna Senn
3 de agosto: mesa redonda «Texto e territorio II» na que participarán Antía Novas, Álvaro Otero, Suso Portela e Salvador Rodríguez, baixo a moderación de Salvador Castro
10 de agosto: charla «Xentes de Bueu» con Arturo Sánchez Cidrás
17 de agosto: mesa redonda «Novelar a guerra» con Xina Vega, Montse Fajardo e Francisco R. Pastoriza
24 de agosto: proxección «O estrobo no tolete», realizado por Manuel Yáñez e dirixido por Xaime Toxo