Ciclo de cinema galego: «Justicia artificial» de Simón Casal
-
Data
30 mayo, 2025
-
Hora
9:00 pm - 11:00 pm
-
Centro Social do Mar
Rúa de Montero Ríos, 36930 Bueu, Pontevedra
O Cineclub Bueu organiza durante o mes de maio un ciclo de cinema galego, no que se proxectarán filmes galegos ou relacionados coa nosa cultura.
O 30 de maio poderase ver «Justicia artificial» de Simón Casal, que terá lugar ás 21.00 horas no Centro Social do Mar cunha entrada de 2.00 € para soci@s e de 4.00 € para non soci@s.
SINOPSE: O goberno anuncia un referendo para aprobar un sistema de IA na Administración de Xustiza. Carmen Costa, unha recoñecida xuíza, é convidada a traballar no desenvolvemento do sistema. Pronto descubrirá a existencia dunha conspiración que pretende controlar, dende a xustiza, a todo un país.