Skip to content Skip to main navigation Skip to footer

Charla Erasmus +

Evento xa rematado

A entidade Ticket2Europe celebrará o mércores 24 de abril, ás 19 h, un encontro con mozos e mozas de Bueu para informar do programa de mobilidade europea Erasmus+.

Durante a sesión daranse a coñecer as diversas oportunidades que ofrece o programa Erasmus + e como beneficiarse delas. Así mesmo, tamén se expoñerán os resultados de varios proxectos levados a cabo sobre a creación de xogos de mesa, e testearanse os devanditos xogos entre os/as asistentes que queiran participar.

O evento, aberto a todos os públicos, realizarase na Sala Amalia Domínguez Búa.