Este xoves dispútase un partido amigable de balonmán entre a Selección Galega e a República Dominicana
- O campionato terá lugar no Pavillón Municipal Pablo Herbello a partir das 20.30 horas
A Selección Galega Absoluta e a Selección República Dominicana disputarán este xoves un partido amigable de balonmán a partir das 20.30 horas no Pavillón Municipal Pablo Herbello. O acto de presentación tivo lugar hoxe ao mediodía na Sala Amalia Domínguez Búa, coa presenza de Manolo Otero, concelleiro de deportes, José Luis Pérez Ouro, presidente da Federación Galega de Balonmán, José Ramón Martínez, directivo do Bueu Atlético Balonmán, Irene Vilaboa, adestradora do club bueués, e os xogadores Juan Quintas e Edu Moledo.
Pérez Ouro salientou que esta iniciativa forma parte dunha ruta que se vai realizar por outros concellos galegos como Tui e Lalín. No caso de Bueu, a entrada será de balde e están convocados a xogar Duarte Batán Rodríguez, do BM Torrelavega, Jorge Villamarín López, de DS Autos Gomas Sinfin, Borja Méndez Pan, de Helvetia Anaitasuna, Miguel Simón Loureiro, Andrés Sánchez e Pablo Gayoso, de Cisne Colegio Los Sauces, Manuel Martínez Vicente, Germán Hermida Núñez, Iago Muiña García, Adrián Boullosa Martínez, Paulo Dacosta e Flores, de Acanor At. Novás, Alexandre Dacosta, Román Pedreira, de Embutidos Lalinense BM Lalín, Juan C. Quintas Aller, de Condes de Albarei Teucro, Carlos García Freijeiro e Eduardo Moledo Touriño.
Manolo Otero, concelleiro de deportes, manifestou o orgullo por colaborar nestes eventos nos que “sempre se cimenta o balonmán de base”. José Ramón Martínez destacou que “estas actividades empuxan a seguir medrando e a dar a coñecer este deporte”.
Por outra banda, continuando coa promoción do balonmán praia, o 24 e 25 de xullo disputaranse na Banda do Río as finais do Campionato Galego de Balonmán Praia, de entre as que sairán os clasificados para o campionato estatal.