Skip to content Skip to main navigation Skip to footer

Espazo Convida 21: «A gran viaxe» de Inventi Teatro

Evento xa rematado

O Concello de Bueu presenta por segundo ano consecutivo o programa de actividades do ‘Espazo Convida 21’, que ofrecerá durante os meses de xullo e agosto diversas alternativas de ocio e cultura para a rapazada e as familias.

Así,  o martes 17 de agosto, a Praza Massó acollerá a partir das 21.30 horas a representación teatral cómica «A gran viaxe» de Inventi Teatro. A capitana Centella e o doutor Potasio chegan coa súa nave a terra en busca do Ziscornio o elemento necesario para salvar o seu planeta que está sendo atacado por bichos malignos. Co elemento secreto no seu poder Centella e Potasio soben a súa nave espacial e despídense das boas xentes e dispóñense a despegar pero comezan os problemas!!! Rompe o vehículo, perden o mapa, chegan os malos e a cousa complícase… Poderán Centella e Potasio regresar o seu planeta?? Conseguirán que as boas xentes da Terra os axuden? Pasen e vexan se estes intrépidos aventureiros dan conta do recado. «A gran viaxe» é un espectáculo de rúa divertido e visual que conta cun fantástico vehículo espacial composto por un antigo 600 e un propulsor remolcado.

Ao igual ca o ano pasado, o Concello establecerá medidas para cumprir con todos os protocolos Covid-19 da Xunta de Galicia e facer que a cultura poida gozarse en espazos seguros, de aí que se aposte polos lugares ao aire libre. Así mesmo, controlarase o aforo e levarase a cabo a desinfección de todas as cadeiras, que estarán perfectamente separadas e limpas, e tamén se recomenda que a cidadanía se inscriba previamente a través dos formularios habilitados na páxina web www.concellodebueu.gal.