Skip to content Skip to main navigation Skip to footer

Escolares de Bueu protagonizan un pleno sobre a igualdade

O salón de plenos do Concello de Bueu foi escenario este xoves dun intensivo debate sobre a igualdade coa celebración dun pleno no que o alumnado dos centros educativos da vila foi o protagonista. Un total de dezaseis rapaces e rapazas do IES Johán Carballeira, IES Illa de Ons, CEIP Plurilingüe A Pedra e CPR Virxe Milagrosa plantexaron diversas cuestións relacionadas coa igualdade. Entre elas, o número de traballadores e traballadoras municipais, as fillas adoptivas da vila, a decisión máis importante como político no ámbito relacionado coas mulleres, os nomes de rúas dedicadas a mulleres, as medidas concretas para eliminar a desigualdade ou a situación do movemento feminista na actualidade.

A realización deste pleno sobre igualdade é unha das medidas recollidas no I Plan de Igualdade Intercentros que se aprobou este ano e que ten por obxectivo promover accións para lograr a igualdade desde a base, é dicir, desde a propia educación. Neste sentido, o alcalde animou aos rapaces e rapazas a “axudar na propagación da igualdade, hai que facer cómplice a toda unha sociedade e non podemos dar marcha atrás nin retroceder nos dereitos conseguidos”.

O pleno estivo rexentado polo alcalde e pola concelleira de igualdade, Ana Isabel Otero, e nel participaron do IES Johán Carballeira, Fabián Alvariñas, Claudia Rial, Sandra Souto e Alejandro Villegas; do IES Illa de Ons, do IES Illa de Ons, Pablo Loira, Laura Boubeta, Noemí Fernández e Breixo Freire; do CEIP A Pedra, Inés Bastón, Antía Lis, Leire Fernández e Emma Regueira; e do CPR Virxe Milagrosa, Carlota Fiel, Clara Méndez, Óscar Fernández e Jose Ruiz. Ao remate do mesmo, e emulando os acordos plenarios, o alcalde propuxo a creación dun Consello Municipal da Infancia e Mocidade, proposta

Así mesmo, no marco dos actos centrais do 8 de marzo, este venres ás 12.00 h, a CIG convocou unha mobilización feminista diante da Casa Consistorial de Bueu.

Conscientes de que a educación é unha arma cargada de futuro na loita pola igualdade, o vindeiro luns, 11 de marzo ás 12.00 h, terá lugar no Centro Social do Mar un acto de entrega dos premios dos certames educativos de viñeta/ilustración e literario “A igualdade no traballo”.

E xa o 22 de marzo, o salón de plenos acollerá a partir das 19 h a gala de entrega do premio a María López Correa, gañadora do IX Certame de Relatos de Muller Matilde Bares.