Skip to content Skip to main navigation Skip to footer

Convocatoria pleno xuño telemático

O Concello de Bueu convocará o pleno ordinario da corporación o 1 de xuño, ás 21.00 h. Debido ás condicións derivadas da alerta sanitaria da Covid-19, a sesión retransmitirase a través da canle de Youtube do Concello de Bueu.

Os asuntos que compoñen a orde do día son os seguintes:

A) PARTE RESOLUTIVA
A.1.1.- Aprobación da acta da sesión anterior (núm. 2020-0003, ordinaria do 02.03.20).
A.1.1.- Aprobación da acta da sesión anterior (núm. 2020-0004, extraordinaria do 09.03.20).
A.2.- Toma de posesión do cargo de concelleiro na corporación municipal de D. Agustín Gallego Piñeiro como concelleiro do BNG en substitución de Dna. Tamara Sotelo Pérez. Expediente 1051/2020.
A.3.- Proposta da alcaldía de aprobación inicial do expediente de modificación de créditos 10/2020 por suplemento de crédito por importe de 185.831,94 €. Expediente 1267/2020.

A.4- Proposta da alcaldía de aprobación do expediente de recoñecemento extraxudicial de créditos 02/2020. Expediente 558/2020.
A.5.- Proposta da unidade de seguimento da obra relativa á aprobación do expediente de modificación do contrato da obra construción de piscina municipal cuberta en Bueu. Expediente 454/2020.
A.6.- Proposta relativa ao recoñecemento da reclamación de cantidades formulada pola contratista da obra da «CONSTRUCIÓN DE PISCINA MUNICIPAL CUBERTA EN BUEU”, en concepto de indemnización por danos e prexuízos derivados da suspensión temporal da execución da obra. Expediente 2470/2019.
A.7.- Proposta do concelleiro delegado de facenda e réxime interior relativa a aprobación definitiva do regulamento municipal de participación cidadá. Expediente 2972/2019.
A.8.- Proposta da alcaldía de aprobación inicial do orzamento municipal para o exercicio 2020, aprobación do límite de gasto non financeiro para o exercicio 2020 e aprobación inicial do catálogo de postos de traballo e cadro de persoal do concello de Bueu. Expediente 957/2020.

B) ACTIVIDADE DE CONTROL
B.1.- Dación de conta da memoria de seguimento do Plan de Axuste. 1º Trimestre exercicio 2020. Expediente 1285/2020.
B.2.- Informe de Execución do Orzamento do Concello correspondente ao 1º Trimestre 2020. Expediente 1312/2020.
B.3.- Dación de conta da concesión de subvencións ao abeiro do Plan Concellos 2020. LIÑA 1. Expedientes 1028/2020 e 1029/2020.
B.4.- Dación de conta das resolucións de alcaldía ditadas dende a derradeira sesión ordinaria do Pleno.
B.5.- Dación de conta dos reparos de legalidade formulados pola intervención municipal dende a derradeira sesión ordinaria.
C) ROGOS E PREGUNTAS