Skip to content Skip to main navigation Skip to footer

Convocatoria pleno xullo 2021

A corporación municipal de Bueu celebra o 5 de xullo a sesión plenaria ordinaria, que terá lugar ás 21.00 h no Centro Social do Mar, e que tamén se poderá seguir en directo dende a canle de YouTube do Concello.

Os asuntos que compoñen a orde do día son:

A) PARTE RESOLUTIVA
A.1.- Aprobación da acta da sesión anterior (núm. 2021-0006, ordinaria do 07.06.21).
A.2.- Moción do GPM do PP para a colocación de Tótems Tecnolóxicos.
A.3.- Moción do GPM do PP para a protección da salubridade pública en fontes e lavadoiros.

B) ACTIVIDADE DE CONTROL
B.1.- Dación de conta da concelleira delegada de economía, emprego e turismo ao pleno da aprobación da actividade e prezo público das visitas guiadas de verán “Rutas de senderismo sabor e mar”. Expediente 1684/2021.
B.2.- Dación de conta dos reparos de legalidade formulados pola intervención municipal desde a derradeira sesión ordinaria.

B.3.- Dación de conta das resolucións de alcaldía ditadas desde a derradeira sesión ordinaria do Pleno.

C) ROGOS E PREGUNTAS