Convocatoria pleno ordinario xuño 2021
A corporación municipal de Bueu celebrará unha sesión plenaria o luns 7 de xuño, ás 21.00 h, no Centro Social do Mar de Bueu, que se poderá seguir de forma presencial e tamén en directo a través da canle de YouTube do Concello de Bueu. Os asuntos que compoñen a orde do día son:
A.1.- Aprobación da acta da sesión anterior (núm. 2021-0005, ordinaria do 03.05.21).
A.2.- Proposta do presidente da mesa de contratación: requirimento previo á adxudicación do contrato do servizo de axuda no fogar no concello de Bueu.
A.3.- Proposta do presidente da mesa de contratación permanente do pleno: requirimento previo á adxudicación do contrato do servizo de colaboración na xestión tributaria, censual, inspectora e recadadora.
A.4.- Moción do GPM do PP para a creación e instalación da personaxe de Dora.
A.5.- Moción do BNG sobre a baixada ao 4% o IVE nos produtos pesqueiros.
A.6.- Moción conxunta dos grupos da corporación municipal de Bueu (BNG, ACB, PP e PSdeG-PSOE), para demandar a eliminación das modificacións do regulamento de control europeo da UE 1224/2009 con respecto á frota artesanal.
B.1.- Dación de conta da alcaldía ao pleno da finalización en data 06.05.21 da actividade privada na avogacía dunha empregada do concello.
B.2.- Dación de conta dos reparos de legalidade formulados pola intervención municipal desde a derradeira sesión ordinaria.
B.3.- Dación de conta das resolucións de alcaldía ditadas desde a derradeira sesión ordinaria do Pleno.
C) ROGOS E PREGUNTAS