Skip to content Skip to main navigation Skip to footer

Convocatoria pleno ordinario novembro 2022

A corporación municipal de Bueu celebra o próximo 7 de novembro un pleno ordinario, que terá lugar ás 20.00 h no salón de plenos da Casa Consistorial. A sesión tamén se poderá seguir en directo dende a canle de YouTube municipal.

Os asuntos que compoñen a orde do día son os seguintes:

A) PARTE RESOLUTIVA
A.1.- Aprobación da acta da sesión anterior (núm. 2022-0012, ordinaria de data 03.10.22).
A.2.- Proposta de aprobación da conta xeral correspondente ao exercicio 2021. Expediente 898/2022.
A.3.- Moción do GPM do BNG en defensa da frota pesqueira galega fronte ao novo regulamento imposto pola comisión europea.
A.4.- Moción do GPM do PP para a conservación da cheminea da fábrica Massó.

B) ACTIVIDADE DE CONTROL
B.1.- Dación de conta do informe de execución do orzamento do concello de Bueu correspondente ao 3º trimestre de 2022. Expediente 2693/2022.
B.2.- Dación de conta dos reparos de legalidade formulados pola intervención municipal desde a derradeira sesión ordinaria.
B.3.- Dación de conta das resolucións da alcaldía ditadas desde a derradeira sesión ordinaria do Pleno.

C) ROGOS E PREGUNTAS