Skip to content Skip to main navigation Skip to footer

Convocatoria pleno ordinario maio 2023

A corporación municipal de Bueu celebrará o 2 de maio ás 20.00 horas unha sesión plenaria ordinaria, que terá lugar no salón de plenos da Casa do Concello e que tamén se poderá seguir dende a canle de Youtube.

Os asuntos que compoñen a orde do día son os seguintes:

A) PARTE RESOLUTIVA
A.1.- Proposta do concelleiro delegado de Urbanismo, Vivenda e Infraestructuras Públicas relativa a Aprobación definitiva de Estudo de Detalle.- Parcelas afectadas dentro do ámbito do instrumento: Parcelas 365, 366, 546 e 722 do Polígono 52 do Núcleo rural de Fonte Alta, na Parroquia de Cela en Bueu. Expediente 2452/2022.
A.2.- Proposta de adxudicación do contrato administrativo de obra Reforma e ampliación da biblioteca municipal Torrente Ballester ( segunda licitación) e nomeamento de dirección facultativa. Expediente 228/2023.

B) ACTIVIDADE DE CONTROL
B.1.- Dación de conta ao pleno do informe resumo dos resultados de control interno do exercicio 2022 ( artigo 37 do Real Decreto 424/2017 de 28 de abril). Expediente 1252/2023.
B.2.- Dación de conta dos reparos de legalidade formulados pola intervención municipal desde a derradeira sesión ordinaria.
B.3.- Dación de conta das resolucións da alcaldía ditadas desde a derradeira sesión ordinaria do Pleno.

C) ROGOS E PREGUNTAS