Skip to content Skip to main navigation Skip to footer

Convocatoria pleno novembro 2023

A corporación municipal de Bueu celebrará o próximo luns, 6 de novembro, o pleno ordinario, que terá lugar ás 20.00 horas no salón de plenos da Casa do Concello, e que tamén se poderá seguir en directo dende a canle de YouTube municipal.

Os asuntos que compoñen a orde do día son:

A) PARTE RESOLUTIVA
A.1- Moción do GPM do PP sobre a biblioteca de Beluso.
A.2.- Moción do GPM do PP para a actuación no cruceiro da Rosa.
A.3.- Moción conxunta do GPM do BNG e do GPM do PSdeG-PSOE para o 25 N, Día Internacional contra as violencias machistas.
A.4.- Proposta de aprobación da conta xeral correspondente ao exercicio 2022. Expediente 1252/2023.

B) ACTIVIDADE DE CONTROL
B.1.- Dación de conta da alcaldía ao Pleno da sentenza nún. 187/2023 recaída no P.A. 295/2022 fronte ao concello de Bueu, presentada por un traballador do concello. Expediente 2836/2022.
B.2.- Dación de conta do informe sobre morosidade e periodo medio de pagamento relativo ao 3º trimestre do exercicio 2023. Expediente 460/2023.
B.3.- Dación de conta dos reparos de legalidade formulados pola intervención municipal desde a derradeira sesión ordinaria.

B.4.- Dación de conta das resolucións da alcaldía ditadas desde a derradeira sesión ordinaria do Pleno.

C) ROGOS E PREGUNTAS