Skip to content Skip to main navigation Skip to footer

Convocatoria pleno marzo 2023

A corporación municipal de Bueu celebra o 6 de marzo unha nova sesión plenaria ordinaria, que terá lugar a partir das 20.00 horas no salón de plenos da Casa Consistorial.

Os asuntos que compoñen a orde do día son os seguintes:

A) PARTE RESOLUTIVA
A.1.- Aprobación da acta da sesión anterior (núm. 2023-0002, ordinaria de data 06.02.2023).
A.2.- Proposta do concelleiro delegado de urbanismo, vivenda e infraestruturas públicas de aprobación definitiva da ordenanza reguladora da instalación de terrazas vinculadas a establecementos abertos ao público no concello de Bueu. Expediente 1249/2022.
A.3.- Proposta de alcaldía de aprobación do expediente de contratación da obra Reforma e ampliación da biblioteca municipal Torrente Ballester ( segunda licitación) por procedemento aberto simplificado e tramitación anticipada. Expediente 228/2023

A.4.- Proposta do concelleiro delegado de urbanismo, vivenda e infraestruturas públicas de resolución do expediente de investigación de camiño en CoumiñánMontemogos. Lugar: Polígono 13 entre as parcelas 136 e 137. Expediente 2891/2020.


B) ACTIVIDADE DE CONTROL
B.1.- Dación de conta dos reparos de legalidade formulados pola intervención municipal desde a derradeira sesión ordinaria.
B.2.- Dación de conta das resolucións da alcaldía ditadas desde a derradeira sesión ordinaria do Pleno.


C) ROGOS E PREGUNTAS