Skip to content Skip to main navigation Skip to footer

Convocatoria pleno marzo 2021

A corporación municipal de Bueu celebra o 1 de marzo, ás 20.00 h, a sesión plenaria ordinaria, que terá lugar de forma telemática con retransmisión en directo dende a canle de YouTube do Concello de Bueu.

Os asuntos que compoñen a orde do día son:

A) PARTE RESOLUTIVA
A.1.1.- Aprobación da acta da sesión anterior (núm. 2021-0001, ordinaria do 29.01.21).
A.1.2.- Aprobación da acta da sesión anterior (núm. 2021-0002, ordinaria do 01.02.21).
A.2.- Proposta de aprobacion do expediente de contratacion do servizo de colaboracion na xestion tributaria, censual, inspectora e recadatoria, e na xestión dos expedientes sancionadores en materia de tráficoExpediente 3356/2020
A.3 Proposta de alcaldía relativa á modificación da Ordenanza Fiscal nº 14 reguladora da Taxa pola utilización privativa e o aproveitamento especial do Dominio Público Local. Expediente 446/2021
A.4.- Proposta da alcaldía de aprobación do expediente de recoñecemento extraxudicial de créditos 1/2021. Expediente 43/2021.
A.5.- Moción do GPM do BNG relativa á transferencia da AP9 a Galiza e a instar ao goberno a facer efectiva a rebaixa das peaxes
A.6.- Moción do GPM do PP para acondicionar a ruta dos Muiños

B) ACTIVIDADE DE CONTROL
B.1.- Dación de conta do informe de morosidade e PMP 4º trimestre 2020. Expediente 1231/2020.
B.2.- Dación de conta do informe de execución do orzamento do concello correspondente ao 4º Trimestre 2020. Expediente 265/2021.
B.3.- Dación de conta dos reparos de legalidade formulados pola intervención municipal desde a derradeira sesión ordinaria.
B.4.- Dación de conta das resolucións de alcaldía ditadas desde a derradeira sesión ordinaria do Pleno.
C) ROGOS E PREGUNTAS