Skip to content Skip to main navigation Skip to footer

Convocatoria pleno marzo 2020

O salón de plenos de Bueu acolle o 2 de marzo, ás 20.00 h, a sesión plenaria ordinaria. Os asuntos que se van tratar son os seguintes:

A) PARTE RESOLUTIVA
A.1.- Aprobación da acta da sesión anterior (núm. 2019-0020, ordinaria do 03.02.2020).
A.2.- Proposta conxunta dos grupos da corporación de Bueu (BNG, ACB, PSOE E PP) en apoio á Plataforma de afectados polos impagos do sector naval.
A.3- Moción conxunta dos grupos de municipais de BNG, ACB, PSOE E PP de apoio á Plataforma Vía Galega polo drama social e nacional que supón a emigración para o noso pobo.
A.4.- Moción conxunta dos grupos municipais BNG-ACB con motivo da conmemoración do 08 de marzo.
A.5.- Moción presentada polo voceiro do GPM do PSOE relativa á compra da vivenda que fora propiedade de Dª Matilde Bares Giraldez , sita na Rúa Eduardo Vincenti.

A.6.- Proposta conxunta dos GPM da corporación para a convocatoria dun concurso de ideas para a posta en valor do Barrio da Banda do Río
A.7.- Toma de razón da renuncia formulada pola concelleira do grupo municipal do BNG, DNA. TAMARA SOTELO PÉREZ e da aceptación anticipada ao cargo de concelleiro por D. AGUSTÍN GALLEGO PIÑEIRO, candidato que figura no posto número 11 da candidatura núm. 3 do bloque nacionalista galego (BNG) e proposta relativa a súa remisión á Xunta Electoral Central aos efectos previsto no art. 182 da Lei orgánica 5/85 do réxime electoral xeral. Expediente 597/2020
B) ACTIVIDADE DE CONTROL
B.1.- Informe de Execución do Orzamento do Concello correspondente ao 4º Trimestre 2019. Expediente 478/2020.
B.2.- Comunicación do concelleiro delegado de Urbanismo, Vivenda e Infraestruturas Públicas da Sentenza do TSXG núm.577/2019 de 18.11.2019 recaida no PO 4569/2017 e da Sentenza do TSXG núm.núm. 474/2019 de data 04.10.2019 recaida no PO 4571/2017 polas que se desestiman recursos contencioso-administrativos interpostos contra a Orde de 22 de setembro de 2017 de aprobación definitiva do PXOM de Bueu.
B.3.- Dación de conta dos reparos de legalidade formulados pola intervención municipal dende a derradeira sesión ordinaria.
B.4.- Dación de conta das resolucións de alcaldía ditadas dende a derradeira sesión ordinaria do Pleno.
C) ROGOS E PREGUNTAS