Skip to content Skip to main navigation Skip to footer

Convocatoria pleno marzo 2018

O Concello de Bueu celebrará o próximo 5 de marzo, ás 20.00 horas, a sesión plenaria da corporación. Os asuntos da orde do día son os seguintes:

A) PARTE RESOLUTIVA

  1. Aprobación da acta da sesión anterior (acta núm. 02/2018 correspondente coa sesión ordinaria do mes de FEBREIRO de 2018 celebrada o 05/02/2018
  2. Proposta da alcaldía relativa á aprobación do Convenio para a asunción pola Administración Xeral da Comunidade Autónoma de Galicia da convocatoria e desenvolvemento dos procesos selectivos unitarios para o acceso ás diferentes categorías dos corpos de policía local e as prazas de auxiliares de policía local
  3. Moción do GPM do PsdeG-PSOE en relación cos viais de acceso a Sar-Beluso

B) ACTIVIDADE DE CONTROL

  1. Comunicación da alcaldía do acordo adoptado en Xunta de Goberno de 16.02.18 de adhesión do Concello de Bueu á Central de Contratación da Federación Española de Municipios e Provincias (FEMP)
  2. Comunicación do Concelleiro delegado de Urbanismo, Patrimonio e Vivenda do acordo adoptado pola Xunta de Goberno de data 16.02.2018 relativo ao personamento do Concelo nos procedementos seguidos no TSX contra a aprobación definitiva do PXOM
  3. Dación conta dos reparos de legalidade formulados por Intervención dende a derradeira sesión ordinaria
  4. Dación conta das Resolucións da Alcaldía ditadas dende a derradeira sesión ordinaria

PDF-Convocatoria pleno marzo 2018