Convocatoria pleno febreiro 2020

O próximo luns 3 de febreiro celebrarase unha nova sesión plenaria da corporación municipal, ás 20.00 h.

Os asuntos que compoñen a orde do día son:

A) PARTE RESOLUTIVA
A.1.- Aprobación da acta da sesión anterior (núm. 2019-0019, ordinaria do 20.01.2020).
A.2.- Proposta da alcaldía de amortización anticipada do préstamo nº 807492046135 asinado co Banco de Sabadell en data 06/02/2015, no ámbito do establecido no artigo 3 do Real Decreto 4/2018, de 4 de xullo, ata chegar á total extinción do mesmo. Expediente 256/2020.
A.3.- Proposta da alcaldía de aprobación do Expediente de Recoñecemento Extraxudicial de créditos 1/2020. Expediente 90/2020.
A.4.- Proposta da alcaldía de modificación do convenio colectivo do persoal laboral ao servizo do concello de Bueu e do acordo regulador das condicións de traballo do persoal funcionario ao servizo do concello de Bueu. Expediente 3066/2019.


B) ACTIVIDADE DE CONTROL

B.1.- Dación de conta da memoria de seguimento do Plan de Axuste. 4º Trimestre exercicio 2019. Expediente 270/2020.
B.2.- Dación de conta dos reparos de legalidade formulados pola intervención municipal dende a derradeira sesión ordinaria.
B.3.- Dación de conta das resolucións de alcaldía ditadas dende a derradeira sesión ordinaria do Pleno.


C) ROGOS E PREGUNTAS