Skip to content Skip to main navigation Skip to footer

Convocatoria pleno extraordinario xullo 2022

A corporación municipal de Bueu celebra este venres, 29 de xullo, un pleno extraordinario ás 13.00 horas para proceder á adxudicación do contrato das obras de reforma da Biblioteca Municipal Torrente Ballester. A sesión terá lugar no salón de plenos da Casa Consistorial, aínda que tamén se poderá seguir en directo dende a canle de YouTube municipal.