Convocatoria pleno extraordinario xullo 2021
A corporación municipal celebrará o 30 de xullo unha sesión plenaria extraordinaria, que terá lugar ás 12.00 horas no Centro Social do Mar. A sesión é presencial e tamén se retransmitirá en directo na canle de YouTube do Concello de Bueu.
Os asuntos da orde do día son os seguintes:
A) PARTE RESOLUTIVA
A.1 CONTRATACIÓN
A.1.1.- Proposta do presidente da mesa de contratación permanente do pleno: adxudicación do contrato do servizo de axuda no fogar. Expediente 2865/2020.
A.1.2- Proposta do presidente da mesa de contratación permanente do pleno: adxudicación do contrato do servizo de colaboración na xestión tributaria, censual, inspectora e recadatoria e na xestión dos expedientes sancionadores en materia de tráfico. Expediente 3356/2020.
A.2 PERSOAL
A.2.1.- Proposta de alcaldía de aprobación inicial do organigrama e relación de postos de traballo do concello de Bueu ( RPT). Expediente 3119/2020
A.3. MOCIÓNS
A.3.1.- Moción conxunta dos grupos de BNG e ACB contra os recortes da Xunta de Galicia no ensino público de Bueu.
B) ACTIVIDADE DE CONTROL
B.1.- Dación de conta do informe sobre morosidade e Período medio de pagamento relativo ao segundo trimestre do exercicio 2021 Expediente 1029/2021
B.2.- Dación de conta do informe de execución do orzamento do concello de Bueu correspondente ao segundo trimestre de 2021. Expediente 2058/2021
C) ROGOS E PREGUNTAS