Convocatoria pleno extraordinario decembro 2023
A corporación municipal de Bueu vai celebrar o 26 de decembro, ás 8.30 horas, unha sesión plenaria extraordinaria para a aprobación da modificación do contrato de obra de reforma de ampliación da Biblioteca Municipal Torrente Ballester.
A sesión terá lugar no salón de plenos, e tamén se poderá seguir en directo dende a canle de YouTube municipal.
A continuación podedes ver a convocatoria.