Skip to content Skip to main navigation Skip to footer

Convocatoria pleno extraordinario abril 2022

A corporación municipal de Bueu celebra este xoves, 7 de abril, unha sesión plenaria extraordinaria que terá lugar ás 13.00 horas no Centro Social do Mar e que se poderá seguir en directo dende a canle de YouTube municipal.

Os asuntos da orde do día son:

  1. Proposta de aprobación inicial do orzamento, cadro e anexo de persoal do concello de Bueu para o exercicio 2022.
  2. Proposta de alcaldía de modificación da ordenanza fiscal nº5 reguladora do Imposto sobre o incremento do valor dos terreos de natureza urbana.