Convocatoria pleno decembro
O 2 de decembro, ás 20.00 h, terá lugar a sesión plenaria ordinaria da corporación. Os asuntos que compoñen a orde do día son os seguintes:
A) PARTE RESOLUTIVA
A.1.- Aprobación da acta da sesión anterior (núm. 2019-0017, ordinaria do
04.11.2019).
A.2.- Proposta da alcaldía de aprobación da imposición e ordenación da taxa pola celebración de matrimonios civís. Expediente 2878/2019.
A.3.- Proposta da alcaldía de desestimación de alegacións ao orzamento, cadro, catálogo e anexo de persoal do concello de Bueu para o exercicio 2019. Expediente 2342/2019.
A.4.- Moción conxunta dos grupos de BNG, PP, ACB e PSOE, de apoio ao sector mar – industria alimentario da comarca fronte á lei de costas.
B) ACTIVIDADE DE CONTROL
B.1.- Dación de conta dos reparos de legalidade formulados pola intervención municipal dende a derradeira sesión ordinaria.
B.2.- Dación de conta das resolucións de alcaldía ditadas dende a derradeira sesión ordinaria do Pleno.
C) ROGOS E PREGUNTAS