Skip to content Skip to main navigation Skip to footer

Convocatoria pleno abril 2024

A corporación municipal celebra o 8 de abril unha sesión plenaria extraordinaria, que terá lugar ás 20.00 horas no salón de plenos da Casa do Concello e que tamén se poderá seguir en directo dende a canle municipal de YouTube.

Os asuntos que compoñen a orde do día son os seguintes:

A) PARTE RESOLUTIVA
A.1.- Aprobación da acta da sesión anterior (núm. 2024-0004, ordinaria do 04.03.2024).
A.2.- Proposta da concelleira delegada de xestión persoal, promoción económica, comercio local, turismo e praias de aprobación definitiva do regulamento municipal de venda ambulante e produtos do campo. Expediente 252/2022.
A.3.- Moción do GPM do PP para o uso público do edificio do Porto de Beluso.
A.4.- Moción do GPM do PP sobre os galiñeiros.

B) ACTIVIDADE DE CONTROL
B.1.- Dación de conta da alcaldía ao Pleno do acordo da Xunta de Goberno Local do 05.03.2024 de aprobación do proxecto de humanización do entorno da Rúa Nova de Arriba en Beluso. Expediente 942/2021.
B.2.- Dación de conta dos reparos de legalidade formulados pola intervención municipal desde a derradeira sesión ordinaria.
B.3.- Dación de conta das resolucións da alcaldía ditadas desde a derradeira sesión ordinaria do Pleno.

C) ROGOS E PREGUNTAS
Non hai asuntos.