Consulta previa pública ao Regulamento Orgánico de Participación Cidadá
O Concello de Bueu continúa traballando nas propostas de consulta pública de cara á creación de novos regulamentos e ordenanzas e na actualización dalgúns que quedaran obsoletos. Así, no Taboleiro de Anuncios da Sede Electrónica publicouse un anuncio para que as persoas que o desexen poidan presentar propostas previas á elaboración e aprobación do Regulamento Orgánico de Participación Cidadá.
Os cidadáns e cidadás, organizacións e asociacións disporán de prazo ata o 22 de agosto para achegar as súas opinións, o que poderán facer mediante a presentación da instancia “Participación na Elaboración de Normativa”, que se atopa no Catálogo de Trámites da sede electrónica do Concello de Bueu.