Skip to content Skip to main navigation Skip to footer

En aras a dar cumprimento ao Regulamento(UE) 2016/679 do Parlamento Europeo e do Consello, de 27 de abril de 2016, relativo á protección das persoas físicas no que respecta ao tratamento de datos persoais e á libre circulación deses datos, e seguindo as Recomendacións e Instrucións emitidas pola Agencia Española de Protección de Datos (A.E.P.D.), INFÓRMASE:

  • Os datos de carácter persoal solicitados e facilitados por vostede, son incorporados a un ficheiro de titularidade privada cuxo responsable e único destinatario é o Concello de Bueu (Pontevedra).
  • Só serán solicitados aqueles datos estritamente necesarios para prestar adecuadamente os servizos solicitados, podendo ser necesario recoller datos de contacto de terceiros, tales como representantes legais, persoas titoras, ou persoas a cargo designadas polas mesmas.
  • Tódolos datos recollidos contan co compromiso de confidencialidade, coas medidas de seguridade establecidas legalmente, e baixo ningún concepto son cedidos ou tratados por terceiras persoas, físicas o xurídicas, sen o previo consentimento da persoa titora ou representante legal da persoa menor, salvo naqueles casos nos que fose imprescindible para a correcta prestación do servizo.
  • Unha vez finalizada a relación entre a empresa e o cliente os datos serán arquivados e conservados, durante un período de tempo mínimo de 6 MESES, tralo cal seguirá arquivado ou no seu defecto serán devoltos integramente á persoa titora ou representante legal.
  • Os datos que facilito serán incluídos no Tratamento denominado Clientes do Concello de Bueu (Pontevedra), coa finalidade de  CUANTIFICAR A PARTICIPACIÓN E O ÉXITO NO PROGRAMA SOSTIBUEU21 e , tódalas xestións relacionadas co mesmo.

A tales efectos, manifesto o meu consentimento. Tamén informóuseme da posibilidade de exercitar os dereitos de acceso, rectificación, cancelación e oposición, e cantos outros dereitos se recoñecen na normativa sobre privacidade e protección de datos persoais mediante escrito dirixido ao Concello de Bueu con domicilio en rúa Eduardo Vincenti número 8 (CP 36930 Pontevedra) o correo electrónico dirixido a la seguinte dirección: comunicación@concellodebueu.gal.