Skip to content Skip to main navigation Skip to footer

Concello de Bueu, Festival Internacional de Curtametraxes de Bueu (FICBUEU) e a Asociación de Empresas Hostaleiras de Bueu, estamos organizando unha nova edición da ruta “Tapas 5 estrelas” e por iso convidamos a todos os establecementos hostaleiros a participar.

Ao igual que o ano pasado, os participantes poderán obter un cupón con cinco estrelas en calquera dos establecementos, onde se irán selando cada unha delas por cada tapa consumida. Os/as que completen os cinco selos, sendo todos eles de distintos establecementos, entrarán no sorteo de tres vales por valor de 50€ cada un (o importe dos vales estará subvencionado polo Concello de Bueu).

O método de inscrición será na páxina web do Concello de Bueu a través do seguinte enlace, https://concellodebueu.gal/ruta-das-tapas-2021/ .

IMPORTANTE! Tal como indicamos a inscrición farase mediante formulario web, unha vez pechado este non haberá xeito de inscribirse polo que é moi importante cumprir os prazos

INFORMACIÓN PARA A PARTICIPACIÓN

DATAS:
Do venres 10 de setembro ao domingo 19 de setembro

PARA PARTICIPAR:
Aceptar as condicións de participación e cumprir os prazos establecidos.
Elaborar unha tapa cun nome relacionado co mundo do cine, dunha película, dunha curta…
Para a inscrición os locais terán que aportar 10 vales, por valor dunha tapa, á organización do festival, que esta repartira entre os cineastas presentes no FICBUEU.
O evento “Tapas 5 estrelas” fará promoción dunha soa tapa pero o establecemento pode ofrecer máis de querelo.

CALENDARIO:
MÉRCORES 21/07/2021: APERTURA DO PRAZO DE INSCRICIÓN MEDIANTE O FORMULARIO WEB
MÉRCORES 28/07/2021: DATA LÍMITE PARA A INSCRICIÓN
XOVES 20/ 08/2021: DATA LÍMITE PARA A INDICACIÓN DE HORARIO, NOME E FOTO DA TAPA MEDIANTE FORMULARIO WEB VENRES 10/09/2021: DATA DE COMEZO DA RUTA

PREZO:
2,50 € a tapa

HORARIOS:
Mañá: 12.00 a 13.30
Tarde: 20.00 a 22.00