Skip to content Skip to main navigation Skip to footer

O Concello de Bueu solicita unha subvención da AGADER para a pavimentación de camiños

  • Os viais que se van asfaltar son os de Meáns – Castiñáns e Outeiro – As Tafonas

O Concello de Bueu vén de solicitar unha subvención á Axencia Galega de Desenvolvemento Rural (AGADER) para a pavimentación de dous camiños municipais: Meáns-Castiñáns e Outeiro – As Tafonas. O orzamento total é de 47.676,00€ (sen IVE), e vai con cargo á Resolución do 15 de decembro de 2017 para a concesión directa mediante a resolución de axudas correspondentes ao Plan de mellora de camiños municipais 2018-2019 da AGADER.

As obras que se van acometer en ambos camiños son os de roza e limpeza da calzada, varrido e limpeza do firme, ademais da propia pavimentación. Estas actuacións mellorarán o aspecto e a seguridade destes viais tan transitados. De feito, estas subvencións da Xunta de Galicia teñen como obxectivo a promoción de accións e obras destinadas á mellora continua das infraestruturas do rural.