Skip to content Skip to main navigation Skip to footer

Bueu acolle este sábado a II Bandeira Concello de Bueu Gran Premio Teccarsa- Rehau- Roto

  • Félix Juncal, alcalde de Bueu, salientou que é “unha ocasión importante para gozar do auténtico espectáculo do remo”
  • A regata comezará ás 18.00 desde o peirao da vila morracense, cun percorrido de 5.556 metros

A vila de Bueu será escenario o próximo sábado, 24 de agosto, da II Bandeira Concello de Bueu Gran Premio Teccarsa-Rehau-Roto, que comezará ás 18.00 h desde o peirao, desde o que os participantes percorrerán 5.556 metros, mediante o sistema en liña, e divididos en catro longos e tres ceavogas.

O evento, co que colabora o Concello de Bueu, presentouse este mércores no salón de plenos da Casa Consistorial, nun acto que contou coa presenza de Félix Juncal, alcalde da vila, Ricardo Verde, concelleiro de deportes, Mario Vidal, directivo da Asociación de Clubs de Traiñeiras (ACT).

O alcalde salientou que “é un orgullo volver ter a oportunidade de acoller de novo este evento que xa celebramos no 2014 e que supón unha combinación perfecta entre deporte e espectáculo do remo”.

A composición das tandas realizarase en base á Clasificación Xeral da Eusko Label Liga. Desta maneira, Astillero Repsol Electricidad e Gas, San Pedro, Lekittarra Elecnor y Kaiku bogarán na primeira quenda. Cabo, Ondarroa Cikautxo, Urdaibai Avia e Donostiarra competirán na segunda tanda. Por último, Zierbena Bahías de Bizkaia, Santurtzi Iberdrola, GO fit Hondarribia e Orio Babyauto serán os encargados de remar na tanda de honra.

A proba está patrocinada polo Concello de Bueu, Teccarsa, Rehau e Roto.