Autorización publicación imaxes polo Concello de Bueu no programa sostibueu21
Coa inclusión das novas tecnoloxías dentro das comunicacións, publicacións e accións comerciais que pode realizar o Concello de Bueu e ante a posibilidade de que nas mesmas poidan aparecer imaxes das persoas participantes durante a realización dos servizos contratados/executados.
E dado que o dereito á propia imaxe está recoñecido no artigo 18 da Constitución e regulado pola Ley 1/1982, de 5 de mayo, sobre el derecho al honor, a la intimidad personal y familiar y a la propia imagen e o Regulamento (UE) 2016/679 do Parlamento Europeo e do Consello, de 27 de abril de 2016, relativo á protección das persoas físicas no que respecta ao tratamento de datos persoais e á libre circulación deses datos, o Concello de Bueu pide o consentimento ás persoas para poder publicar as imaxes nas cales aparezan individualmente ou en grupo que con carácter comercial se poidan realizar, nas diferentes secuencias e actividades realizadas na nosas instalacións e fóra das mesmas en actividades contratadas / ou executadas de xeito directo polo noso organismo público.