APERTURA DO PROGRAMA VERÁN ACTIVO

PRAZO SOLICITUDES: DO MARTES , 25 AO XOVES 27.

Dende o martes, 25 até o 27 de xuño, ambos os dous incluídos, ábrese o prazo para solicitar a inscrición no programa Verán Activo 2019.

O servizo consiste na organización dun programa de actividades lúdicas e educativas para o tempo de lecer, destinado a rapaces e rapazas nacidos entre os anos 2007 e 2016, en horario de 9 a 14 horas, de luns a venres (excepto festivos) durante os meses de xullo e agosto de 2019, concretamente dende o luns 1 de xullo ao venres 30 de agosto ( 2 MESES) e desenvolverase nas instalacións do CEIP A Pedra.

Este ano increméntase o número de prazas pasando de 50 do ano 2018 a 65, distribuídas en tres grupos:

  1. 5 días semanais, 50 prazas.
  2. 3 días semanais (luns, mércores e venres), 15 prazas.
  3. 2 días semanais (martes e xoves), 15 prazas.

As persoas serán admitidas por orde de entrada en rexistro ata completar o número máximo. Aquelas persoas non admitidas formarán parte dunha lista de agarda para cubrir posibles vacantes, de ser o caso.

O venres, 28 de xuño publicarase na web o listado de persoas admitidas e excluídas así como a lista de agarda e o sábado 29 de xuño haberá unha reunión informativa coas persoas seleccionadas para explicar o funcionamento do programa.

Esta reunión terá lugar na sala polivalente do CEIP A PEDRA o sábado 29 de xuño ás 12.00 do mediodía.

As solicitudes poderán presentarse tanto presencialmente no Rexistro Municipal como a través da sede electrónica do concello.