Skip to content Skip to main navigation Skip to footer

Aberto o prazo para participar no Concurso de Carteis do Entroido 2019

O Concello de Bueu vén de abrir o prazo para participar no concurso de carteis  Entroido, tras a publicación do extracto no Boletín Oficial da Provincia (BOPPO) deste venres, 25 de xaneiro.

No certame poderán participar todas as persoas maiores de 16 anos cun máximo de tres obras orixinais e inéditas, e cuxo gañador/a será a imaxe do Entroido bueués.

As bases establecen un único premio cun importe de 300 €, e para a valoración do xurado teranse en conta criterios como a calidade técnica e artística, o impacto visual, a creatividade e a orixinalidade.

As persoas que desexen participar poderán empregar a técnica artística que consideren máis axeitada, tales como a pintura, a ilustración, a fotografía… Os traballos entregaranse ou persoalmente ou por correo postal no Rexistro Xeral do Concello antes do 15 de febreiro ás 14.00 h.

O pasado ano, a gañadora foi a pontevedresa pontevedresa Beatriz Sieiro Caramés, quen presentou unha proposta comunicativa, cun reflexo de dúas realidades moi asociadas a Bueu, como son o Paxaro de Mal Agoiro e o cine.

A continuación podedes descargas as bases e o extracto de publicación do anuncio no BOPPO.

Premio Carteis Entroido 2019

EXTRACTO BASES PREMIOS CARTEIS ENTROIDO BOPPO