Skip to content Skip to main navigation Skip to footer

Aberto o prazo de inscrición para a Aula da Música

  • As persoas interesadas poden inscribirse entre o 16 e o 24 de setembro nas modalidades de solfexo, piano, canto e música activa
  • As clases, que están abertas a todas as idades, desenvolveranse do 4 de outubro ata o verán do próximo ano na Casa da Música Manuel Omil

A Aula de Música do Concello de Bueu abre o prazo de inscrición para participar nas clases do vindeiro curso, que se celebrarán entre o 4 de outubro e finais de xuño na Casa da Música Manuel Omil. En concreto, as clases impartidas serán de solfexo, piano, canto e música activa e as inscricións poderán entregarse desde o 16 ao 24 de setembro ás 23.59 h, de dúas formas: achegando a solicitude por Rexistro Xeral ou mediante a Sede Electrónica (para o que é preciso contar con certificado dixital).

As persoas que desexen máis información ou aclarar dúbidas poderán facelo de forma presencial na Casa da Música os martes e xoves, de 9.30 a 13.30 h, ou no teléfono 686474775 (Rosa Cerviño).

A continuación podedes descargar os formularios de inscrición para persoas adultas e menores: