Skip to content Skip to main navigation Skip to footer

Aberto o prazo de inscrición na Ruta das Tapas Cinco Estrelas

  • Os locais hostaleiros que desexen participar deberán apuntarse antes do 16 de abril, indicando o nome da tapa e o horario

A concellaría de promoción económica de Bueu e o Festival Internacional de Curtametraxes de Bueu (FICBUEU) organizan por terceiro ano consecutivo a Ruta das Tapas 5 Estrelas, cuxo prazo de inscrición para os establecementos que queiran adherirse se estende desde este martes, 3 de abril, ata o 16 deste mesmo mes. Segundo a comunicación da concelleira da área, Silvia Carballo, os locais hostaleiros que desexen participar, deberán indicar antes do 16 o nome da tapa e o horario, ao correo electrónico silvia@concellodebueu.gal ou ao teléfono 986 39 00 29, así como tamén de xeito presencial no 2º andar do Concello.

Ao igual que o ano pasado, os participantes poderán obter un cupón con cinco estrelas en calquera dos establecementos, onde se irán selando cada unha delas por cada tapa consumida que, por certo, levará nome de película.

As rutas das tapas levan organizándose desde xa fai varios anos como unha fórmula para dinamizar a hostalería local e ofrecer unha alternativa de ocio moi vinculada aos eventos culturais e deportivos. Neste caso, a idea é facela coincidir co FICBUEU que se celebrará do 7 ao 16 de setembro, cun obxectivo de ofrecer unha oferta gastronómica paralela ao festival e así dinamizar a hostalaría local.

Convocatoria Ruta das Tapas Cinco Estrelas