Aberto o prazo de inscrición do curso ‘A apicultura moderna e sostible’ da Deputación de Pontevedra
A Deputación de Pontevedra ten aberto o prazo de inscrición nos cursos «A apicultura moderna e sostible» enmarcados no proxecto «DepoApicultura» e que se desenvolverán desde finais de marzo. A apicultura sostible como fonte de emprego rural, é un proxecto cofinanciado polo Fondo Social Europeo, con accións formativas nos concellos do Rosal, Vilaboa e Barro, de forma presencial, e Salceda de Caselas, Ponte Caldelas, Ponteareas e O Rosal, na modalidade semipresencial. Os cursos, de 50 horas de duración, comezarán a finais de marzo.
Toda a información na páxina web da Deputación Provincial de Pontevedra.