Skip to content Skip to main navigation Skip to footer

A Policía Local estréase na plataforma dixital ‘Xespol’

  • O Concello investiu un total de 3.670 euros para a posta en funcionamento desta ferramenta

A Policía Local de Bueu comezou a traballar estes días con Xespol, unha plataforma informática que permite unificar criterios, e que serve así mesmo como base de datos ao axilizar os trámites habituais do departamento. O concelleiro delegado de novas tecnoloxías, Xosé Leal, destaca que “forma parte do proceso de modernización das funcións da Policía Local, un proceso que comezou xa no 2016 coa incorporación das PDA”.

Para a posta en marcha desta nova ferramenta, o Concello investiu un total de 3.670 €, entre o equipo informático e a formación que recibiron os axentes do corpo. Segundo apunta o cabo xefe, “Xespol permitirá mellorar a xestión administrativa da policía, en casos como accidentes, informes de persoas, denuncias de tráfico e outras”.

A plataforma, creada por Kathy Pena e Manuel Fuentes, dous policías da localidade coruñesa de Carballo, funciona con software libre e xa está presente nunha vintena de municipios, entre eles Cangas, Marín ou Poio.