Skip to content Skip to main navigation Skip to footer

A Cruz Vermella impartirá en Bueu un curso de ‘Hixiene, atención sociosanitaria e nutrición en persoas dependentes’

Co fin de mellorar a formación e o acceso ao emprego, a Cruz Vermella impartirá un curso de “Hixiene, atención sociosanitaria e nutrición en persoas dependentes”, que terá lugar na vila bueuesa entre o 9 de setembro e o 4 de outubro. As persoas interesadas poderán realizar a pre inscrición antes do 20 de agosto no Departamento de Desenvolvemento Local do Concello de Bueu, de forma presencial ou no teléfono 986390029. Deberán indicar o nome e apelidos, teléfono e correo electrónico.

O curso dispón de 15 prazas e non se esixe ningunha formación mínima, aínda que se valorará que as persoas conten con medio de transporte.

Segundo avanzan dende a Cruz Vermella, esta formación terá unha duración de 150 horas (90 h en modalidade presencial e 60, a distancia), e o horario será de 9.00 a 14.00 h.