Skip to content Skip to main navigation Skip to footer

A concelleira de benestar social participou na clausura do obradoiro ‘Campionato de xogos con risas aseguradas’

  • A actividade celebrouse todos os venres desde o 18 de outubro no Centro de Benestar Social e nela participaron 15 persoas

A concelleira de benestar social, Macu Rodríguez, participou este xoves no acto de clausura do obradoiro “Campionato de xogos con risas aseguradas”, organizado no marco do programa da Deputación de Pontevedra ‘Tecendo lazos’. A actividade, na que participaron quince persoas de diversas idades, desenvolveuse todos os venres desde o 18 de outubro no Centro de Benestar Social.

O obradoiro tiña como obxectivo mellorar a relación entre as persoas maiores e as máis pequenas, para aumentar a empatía e considerar a importancia que esta ten no día a día. Ademais, ensináronse técnicas para rir en familia e coa veciñanza e aprender a facelo nos demais días do ano.

O fin primordial é fomentar a comunicación e contacto interxeracional e promover unha actitude positiva ante a vida.