O Concello celebrou este martes o sorteo das mesas electorais
A corporación local do Concello de Bueu celebrou este martes, 15 de outubro, o pleno do sorteo das persoas que compoñerán as mesas de cara ás eleccións xerais do 10 de novembro. A sesión tivo lugar ás 9.00 h e fíxose de forma telemática, empregando para a lectura unha pantalla e proxector.
Haberá dezaseis mesas nos diversos locais de Sala Amalia Domínguez Búa, Escola Náutico-Pesqueira de Bueu, IES Johán Carballeira, Casa da Cultura, CEIP A Pedra, Casa da Aldea de Meiro, CEIP Torre Cela, Centro Sociocultural de Igrexario de Cela, Escola de Sanamedio, Escola de Cabalo, Casa do Pobo de Beluso, e CEIP Montemogos.