O Concello de Bueu pavimenta o Camiño de Ouril
O Concello de Bueu continúa co plan de actuacións no rural e a posta a punto dos servizos básicos. Esta semana comezaron as obras de pavimentación do camiño de Ouril, que segundo salienta o alcalde, Félix Juncal, “constitúe unha vella demanda da veciñanza do lugar”.
A actuación, que comprende un total de 1050 metros cadrados, ten un custe de preto de 14.000 € e faise con cargo a fondos municipais. As obras súmanse ás xa realizadas fai unhas semanas noutro vial da zona, coñecido como Camiño da Tabona, e supoñen unha mellora no firme e no acceso ás vivendas da zona.