As obras de construción da piscina municipal cuberta de Bueu comezarán o luns
-
Entre xoves e venres é previsible que se comece co valado perimetral do solar no que se vai construír a piscina
As obras de construción da piscina municipal cuberta de Bueu comezarán o próximo luns, 8 de outubro, segundo anunciou Félix Juncal, alcalde da vila, logo de que este martes responsables da empresa adxudicataria, Obras y Servicios Gómez Crespo SL, e o director de obra municipal, asinasen a acta de replanteo e o plan de seguridade e saúde. Ademais, entre xoves e venres é previsible que se comece co valado perimetral do solar no que se vai construír a piscina, sito na zona das Lagoas.
A obra foi adxudicada por un importe de 2.259.281 euros e conta cunha subvención da Deputación de Pontevedra, a través do Plan de Reequilibrio Territorial, que achega 1,5 millóns de euros, e das anualidades do 2018 e 2019 do Plan Concellos, de tal forma que o Concello só farían fronte a menos de 50.000 euros. Esta instalación vai supoñer un gran incremento da saúde e na vida deportiva dos cidadáns e cidadás, xa que ademais do vaso da piscina (cunhas dimensións de 15 x 25), se habilitarán diversas salas polivalena fin de fomentar a práctica doutros deportes. Polo tanto, e como xa se ten destacado en diversas ocasións, non se trata só dunha instalación deportiva, senón que terá unha forte compoñente relacionada coa potenciación de hábitos saudables, cada vez máis presentes e demandados entre a poboación.
No acto de hoxe estiveron presentes o alcalde, Félix Juncal, ademais dos responsables da empresa adxudicataria, o arquitecto municipal e director de obra, e os concelleiros Fidel Castro, de obras e servizos, Martín Villanueva, de urbanismo, e Silvia Carballo, de promoción económica e turismo.
1 Comentario(s)
Hola, poderíase ver o proxecto e saber a profundidade da piscina?