Skip to content Skip to main navigation Skip to footer

Bueu celebra a XIX edición da FESTA DO POLBO

A festa celebrarase do 10 ao 12 de agosto, e incluirá unha vintena de especialidades de preparado deste cefalópodo ademais do tradicional polbo á feira

 

O Concello de Bueu, xunto coa Confraría de Pescadores San Martiño, organiza do 10 ao 12 de agosto a décimo novena edición da Festa do Polbo, que se celebrará no campo da Estacada e que ofrecerá a posibilidade de degustar arredor dunha vintena de especialidades e formas de cociñar este cefalópodo.

A concelleira de promoción económica e turismo de Bueu, Silvia Carballo, salientou a importancia desta edición xa que “un produto tan emblemático para Bueu como é o polbo, está pasando unha mala etapa e é labor do Concello apoiar e fomentar o consumo deste cefalópodo, xa que se trata dun sector tan importante na nosa vila do que dependen moitas familias»

Pola súa banda, o Patrón Maior José Manuel Rosas explicou que aínda que hai escaseza é normal nesta época do ano e que non hai que ter preocupación xa que o polbo para a festa está garantizado.

.

A festa arrancará o 10 de agosto ás 19.30, momento dende o que xa se poderá gozar das especialidades e do polbo á feira, que tamén serán ofertados o sábado de 12.30 a 16.30 e de 19.30 a 00.00, e o domingo, das 12.30 a 16.30 e das 20.00 a 00.00 horas. As variedades terán un custe de 6.00 € e de 10 €, segundo a ración, e serán ofrecidas por dous establecementos: O Rincón de Cela e Frigoríficos Rosa de los Vientos.

Especialidades

Rosa de los Vientos ofrecerá, por un custe de 6.00 €, empanada de polbo de trigo, empanada de polbo de millo, croquetas de polbo á feira, arroz de polbo, fabas con polbo e paté de polbo á feira; e por 10 €, polbo á prancha con cachelos, polbo frito en Aires de Jaén, polbo á feira, e polbo en caldeirada. Pola súa banda, O Rincón de Cela presentará empanada de polbo de millo e trigo, doce de polbo, boliño de polbo e croquetas de polbo, todas por 6.00 €; mentres que por 10 €, os e as comensais poderán probar o polbo á feira, o polbo á prancha, polbo en caldeirada, a pizza de polbo, e o brocheta de polbo.