Skip to content Skip to main navigation Skip to footer

Convocatoria pleno outubro 2024

A corporación municipal de Bueu celebra o próximo luns 7 de outubro unha sesión plenaria, que terá lugar ás 20.00 horas no salón de plenos do Concello. Tamén se pdoerá seguir dende a canle de YouTube do Concello de Bueu.

Os asuntos que compoñen a orde do día son os seguintes:

A) PARTE RESOLUTIVA
A.1.- Proposta da alcaldía de aceptación das condicións e prescricións polas que podería autorizarse unha modificación non substancial da concesión para a ocupación con destino ao acondicionamento de nave para centro de deportes náuticos en Pescadoira. Expediente 2429/2024.


B) ACTIVIDADE DE CONTROL
B.1.- Dación de conta da alcaldía ao Pleno da notificación do Rexistro da Propiedade de Cangas do Morrazo de cualificación negativa respecto á inscrición do inventario de camiños de titularidade municipal da parroquia de Bueu. Expediente 3150/2021.
B.2.- Dación de conta dos reparos de legalidade formulados pola intervención municipal desde a derradeira sesión ordinaria.
B.3.- Dación de conta das resolucións da alcaldía ditadas desde a derradeira sesión ordinaria do Pleno.

C) ROGOS E PREGUNTAS
Non hai asuntos.