Skip to content Skip to main navigation Skip to footer

O Concello de Bueu arranxou tres camiños en A Roza, Achadiza e A Ramorta coa axuda da Agader

O Concello de Bueu arranxou tres camiños con cargo ao Plan de Mellora de Camiños Municipais 2023-2024 da Axencia Galega de Desenvolvemento Rural (AGADER), cofinanciado co Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (Feader) no marco do Plan Estratéxico da PAC 2023-2027 en Galiza.

Os camiños sobre os que se actuou foron un situado na zona de A Roza, na parroquia de Beluso, e outros dous en Bueu, concretamente nos lugares de A Chadiza e A Ramorta.

O goberno local continúa co plan de mantemento dos espazos e viais municipais, nos que se mellora o acceso aos núcleos de poboación e parcelas agrícolas, ademais de incrementar a seguridade en todo o municipio, cun especial fincapé nas áreas rurais.