Skip to content Skip to main navigation Skip to footer

Convocatoria pleno ordinario decembro 2023

A corporación municipal do Concello de Bueu celebrará o próximo luns, 4 de decembro, unha sesión plenaria ordinaria.

O pleno terá lugar ás 20 horas no salón de plenos do Concello e tamén se poderá seguir en directo dende a nosa canle de YouTube.

Os asuntos que compoñen a orde do día son os seguintes:

A) PARTE RESOLUTIVA
A.1.1.- Aprobación da acta da sesión anterior (núm. 2023-0013, ordinaria do 02.10.2023).
A.1.2.- Aprobación da acta da sesión anterior (núm. 2023-0014, extraordinaria do 17.10.2023).
A.1.3.- Aprobación da acta da sesión anterior (núm. 2023-0015, ordinaria do 06.11.2023).
A.2.- Proposta da alcaldía de aprobación definitiva do orzamento, cadro e, anexo de persoal do concello de Bueu para o exercicio 2023. Expediente 2740/2023.
A.3.- Moción conxunta do BNG e PSdeG-PSOE para que a Xunta de Galicia constrúa un aparcadoiro disuasorio na saída da VG-4.6 en Castiñeiras.
A.4.- Moción do GPM do PP para promover o incremento do padrón.

B) ACTIVIDADE DE CONTROL
B.1.- Dación de conta dos reparos de legalidade formulados pola intervención municipal desde a derradeira sesión ordinaria.
B.2.- Dación de conta das resolucións da alcaldía ditadas desde a derradeira sesión ordinaria do Pleno.

C) ROGOS E PREGUNTAS
C.1.- Interpelación do concelleiro Daniel Chapela Durán á concelleira delegada de persoal, promoción económica, comercio local, turismo e praias. Recibo-2023- E-RPLN-14.