Skip to content Skip to main navigation Skip to footer

Convocatoria pleno setembro 2023

A corporación municipal de Bueu celebrará o próximo luns 25 de setembro un pleno ordinario, que terá lugar ás 21 horas no salón de plenos da Casa do Concello.

Os asuntos que compoñen a orde do día son:

A) PARTE RESOLUTIVA
A.1- Aprobación da acta da sesión anterior (núm. 2023-0011, extraordinaria do 27.07.2023).
A.2.- Proposta da alcaldía de declaración de caducidade e incoación dun novo expediente de investigación respecto do espazo fronte á vivenda que se solicitou rehabilitar sita no lugar de Sar num. 51 de Bueu, que linda co camiño IVBE-138. Expediente 771/2016.
A.3.- Proposta da alcaldía de determinación dos festivos locais para o ano 2024. Expediente 2790/2017.
A.4.- Petición de comparecencia ante o Pleno do concelleiro delegado de facenda, subvencións e contratación pública formulada polo concelleiro Daniel Durán Chapela do GPM do PP.

B) ACTIVIDADE DE CONTROL
B.1.- Dación de conta do informe de execución do orzamento do concello correspondente ao 2º Trimestre 2023. Expediente 2338/2023.
B.2.- Dación de conta ao pleno das liñas fundamentais do orzamento para o ano 2024
B.3.- Informe de execución do orzamento do concello correspondente ao 2º Trimestre do 2023. Expediente 460/2023.
B.4.- Dación de conta da alcaldía ao Pleno do recurso contencioso administrativo interposto pola comunidade de propietarios Residencial Massó Bloque 5 contra o acordo de aprobación definitiva da ordenanza da instalación de terrazas vinculadas a establecementos abertos ao público no concello de Bueu. P.O 4145 Sección 2ª TSXG.
Expediente 2159/2023.
B.5.- Dación de conta da alcaldía ao Pleno do nomeamento de novo director de execución da obra “Reforma e ampliación da biblioteca municipal Torrente Ballester” por mor da situación de incapacidade laboral temporal do arquitecto técnico do concello. Expediente 228/2023.
B.6.- Dación de conta dos reparos de legalidade formulados pola intervención municipal desde a derradeira sesión ordinaria.
B.7.- Dación de conta das resolucións da alcaldía ditadas desde a derradeira sesión ordinaria do Pleno.


C) ROGOS E PREGUNTAS