Skip to content Skip to main navigation Skip to footer

Convocatoria pleno maio 2022

A corporación municipal de Bueu celebra o luns 2 de maio un novo pleno ordinario, que terá lugar no salón de plenos da Casa Consistorial ás 20.00 horas, e que tamén se poderá seguir en directo dende a canle de YouTube municipal.

Os asuntos da orde do día son:

A) PARTE RESOLUTIVA
A.1.1.- Aprobación da acta da sesión anterior (núm. 2022-0004, ordinaria do 04.04.22).
A.1.2.- Aprobación da acta da sesión anterior (núm. 2022-0005, extraordinaria do 07.04.22).
A.2.- Moción do GPM do PP para a realización de obradoiros de emprego.

B) ACTIVIDADE DE CONTROL
B.1.- Dación de conta do informe resumo dos resultados de control interno do exercicio 2021 en cumprimento do art. 37 RD 424/2017 do 28 de Abril. Expediente 898/2022.
B.2.- Dación de conta do informe sobre morosidade e período medio de pagamento relativo ao primeiro trimestre do exercicio 2022 Expediente 1005/2022.
B.3.- Dación de conta dos reparos de legalidade formulados pola intervención municipal desde a derradeira sesión ordinaria.
B.4.- Dación de conta das resolucións da alcaldía ditadas desde a derradeira sesión ordinaria do Pleno.

C) ROGOS E PREGUNTAS