Skip to content Skip to main navigation Skip to footer

Convocatoria pleno decembro

A corporación municipal de Bueu celebrará o próximo 9 de decembro unha sesión plenaria ordinaria, que se poderá seguir ás 20.00 horas no Centro Social do Mar ou de forma telemática dende a canle de YouTube do Concello de Bueu.

Os asuntos que compoñen a orde do día son:

A) PARTE RESOLUTIVA
A.1.1.- Aprobación da acta da sesión anterior (núm. 2021-0010, ordinaria do 04.10.21).
A.1.2.- Aprobación da acta da sesión anterior (núm. 2021-0011, extraordinaria do 19.10.21).
A.2.- Moción do GPM do PP para a actuación na contorna do campo de fútbol da Graña.
A.3.- Moción do GPM do PP para a colocación do Canón de Pau en cabo Udra.

B) ACTIVIDADE DE CONTROL
B.1.- Dación de conta do informe de execución do orzamento do concello de Bueu correspondente ao terceiro trimestre de 2021. Expediente 2058/2021.

B.2.- Dación de conta dos reparos de legalidade formulados pola intervención municipal desde a derradeira sesión ordinaria.
B.3.- Dación de conta das resolucións de alcaldía ditadas desde a derradeira sesión ordinaria do Pleno.

C) ROGOS E PREGUNTAS