O goberno valora positivamente un verán con cultura segura na que máis de 4.000 persoas gozaron de música, baile, teatro, cinema, maxia, patrimonio e historia
O control de aforos instaurado polo Concello de Bueu na súa programación de verán en recintos pechados arroxa uns datos de 4.000 persoas participantes nas diferentes actividades, aos que segundo o concelleiro de Cultura Xosé Leal habería que engadir aquelas que estiveron no entorno das mesmas sen entrar nos recinto valados. Para o concelleiro estes datos nun contexto de pandemia falan moi ben da programación escollida e das ganas que tivo o público de Bueu xunto ás persoas visitantes de gozar da cultura segura. O programa máis ambicioso para descentralizar a actividade conseguiu reunir a máis de 1.500 persoas durante a semana co Espazo Convida, e a 1.400 durante os eventos das Freguifestas en Bon, Beluso, Ons, Cela e a Banda do Río, sendo esta última a máis multitudinaria e non puidéndose levar a cabo a verbena en Ermelo.
O mes de xullo tivo na Semana da Cultura Mariñeira entre o 12 e o 18 de xullo a cita con máis participación. Foron máis 1.100 persoas entre a verbena con Marbella e o concerto de Heredeiros da Crus, con 200 persoas coa maxia do Mago Antón en Beluso e Bueu, 20 persoas no programa artístico para cativada e persoas adultas Marearte e un cento foron partícipes da homenaxe a Manuel Aldao e Manolo Purro na Gala do Ronsel na Banda do Río.
No tocante ao Espazo Convida 21, que levou teatro infantil, cinema, teatro para adultos e música á Praza Massó, Banda do Río, Meiro, Ramal do Galos, Bon, Beluso e Cela tivo 745 persoas en xullo e 688 en agosto. Uns datos que segundo Leal “poderían ter sido mellores se non fose polo mal tempo que fixo que se cancelase a actuación en Sanamedio por mor do mal tempo unha vez comezada, e coa cancelación por problemas de saúde no grupo Monoulious Dop que de Beluso tivo que pasarse á Banda do Río para pechar o ciclo de verán, ademais de que restou xente que algunhas das citas tivesen que pasarse ao interior nun verán cunha climatoloxía moi adversa no que ían primar os espazos abertos”. O que si destacou Leal é que, unha vez máis, o maior éxito foi para a música en directo e o teatro infantil con 410 e 390 persoas respectivamente, seguidos este ano pola novidade do teatro para persoas adultas con 359 e por riba do cinema que viu como as inclemencias deixaron o número de espectadores nuns 174.
Freguifestas
As parroquias e lugares volveron a ter un ano máis as Freguifestas organizadas polo Concello e coa colaboración de comisións de festas en Sanamedio e Banda do Río e a veciñanza nos outros lugares. Se o comezo das mesmas viuse limitado polas restriccións do 25 de xullo que fixo suspender a verbena en Ermelo, puideron levarse a cabo en Bon, Beluso, Ons, Cela e a última na Banda do Río. Para Leal con respecto a outros anos foi importante a que se levou a cabo en Ons coa proxección do filmes Ons de Alfonso Zarauza e a homenaxe ás cantareiras da Illa, así como a da Banda do Río que ao ser a máis urbana e celebrarse xa co público de pé sobrepasou ás 800 persoas. A espiña de Ermelo de ter que suspender a verbena esperan desde o Concello quitala coas actuacións previstas para cando se rematen as actuacións que se están a levar a cabo na aldea. A cultura do coñecemento foi tamén protagonista un ano máis nas xornadas ‘O Mar por Diante’ con cinco charlas que trataron a relevancia cultural do Bueu de comezos do século XX e que encheron o seu aforo no Centro Social do Mar, así como na novidosa iniciativa da Concellería de Patrimonio e Bibliotecas que dirixe Alberto Moital, que levou a cabo con éxito a primeira cita do Encontro do Libro Institucional da Península do Morrazo que preve ser unha cita de referencia de cada verán itinerando polas vilas do Morrazo.