Proceso selectivo de creación de bolsa para contratación de traballadores/as sociais
- As persoas interesadas en participar no procedemento selectivo deberán entregar a solicitude antes do 25 de agosto
O Concello de Bueu abre o prazo de inscrición para o procedemento selectivo de cara á creación dunha bolsa de emprego para a contratación de traballadores/as sociais, que estará aberto ata o próximo 25 de agosto. As persoas que dispoñan de titulacións de Diplomatura Universitaria en Traballo Social, Grao en Traballo Social ou equivalente, poderán presentar a solicitude e realizar as probas selectivas.
A bolsa de emprego terá unha vixencia de catro anos e o proceso selectivo consistirá na realización de tres exercicios de carácter obrigatorio e eliminatorio: proba de coñecementos, suposto práctico e coñecemento da lingua galega.
O temario consta dunha parte xeral e outra específica, na que as persoas que concorran deberán mostrar os seus coñecementos en temas como as políticas actuais do Estado de benestar, o marco legal dos servizos sociais, os principios básicos do traballo social, a planificación social, a Lei 13/2008, de 3 de decembro de Servizos Sociais de Galicia, etc.
A continuación poderedes descargar as bases e as solicitudes de participación no proceso selectivo: