Skip to content Skip to main navigation Skip to footer

Convocatoria pleno xaneiro 2021

A corporación local de Bueu celebra o próximo 29 de xaneiro unha sesión plenaria ordinaria, que terá lugar ás 20.00 h de forma telemática e con transmisión en directo a través da canle de YouTube do Concello de Bueu.

Os asuntos da orde do día son:

A) PARTE RESOLUTIVA
A.1.- Aprobación da acta da sesión anterior (núm. 2020-0014, extraordinaria do 22.12.20).
B) ACTIVIDADE DE CONTROL
B.1.- Dación de conta dos reparos de legalidade formulados pola intervención municipal dende a derradeira sesión ordinaria.
B.2.- Dación de conta das resolucións de alcaldía ditadas dende a derradeira sesión ordinaria do Pleno.
C) ROGOS E PREGUNTAS